A nosa historia 

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà foi creada en 1980 en Cornellà de Llobregat (Barcelona) coa finalidade de promover a cultura galega en Cataluña. Ao longo de máis de 40 anos, a asociación creceu ata ter máis de 1.000 familias asociadas, converténdose nun referente cultural galego no Baix Llobregat e na comarca do Barcelonés.

A asociación foi fundada a finais dos anos setenta por un grupo de gaegos en Cornellà. A primeira xuntanza oficial tivo lugar o 20 de xuño de 1980, e a entidade foi presentada ao público o 25 de xullo de 1980. A sede da asociación foi inicialmente na Praza de Galicia e posteriormente trasladada á Rúa Frederic Soler, 71, onde se atopa actualmente.

Actividades Culturais e Sociais

A  Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro organiza unha ampla variedade de actividades destinadas aos seus socios e simpatizantes, co obxectivo de fomentar tanto a cultura galega como o benestar social. Entre estas actividades inclúense:

  • Clases de informática e baile para maiores
  • Clases de pintura e manualidades
  • Teatro en galego

Ademais, a asociación xestiona dous programas de radio: "Sempre en Galicia" (emitido en FM Radio Cornellà) e "Galegos no Baix" (emitido en FM Radio Sant Boi).

Grupo de Folklore

O grupo de folclore é un dos orgullos máis grandes da asociación, especialmente a súa banda de gaitas, fundada en 1982. Esta banda gañou un gran prestixio, sendo recoñecida como unha das mellores fóra de Galicia. Participou en numerosos festivais e eventos tanto en España como no estranxeiro, e colaborou con destacados artistas como Carlos Núñez, Susana Seivane e Mónica Naranjo.

Eventos Destacados

Entre os eventos organizados pola asociación, destaca a Festa Galega en Can Mercader, un evento anual que coincide coas celebracións do Corpus Christi en Cornellà de Llobregat.

Ademais, a asociación organiza o Certame de Poesía Rosalía de Castro, un concurso literario en lingua galega que gañou recoñecemento internacional, atraendo a poetas de todo o mundo.