Dia do pulpo

Todos os anos, a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà organiza unha pulpada, onde por un prezo módico todos poden gozar de pratos de polbo da máis alta calidade. Ademais, en este tipo de eventos, os socios socializan entre eles e comparten as súas afeccións, promovendo así unha maior proximidade entre os socios e a asociación.

 

Aparte do polbo, tamén hai todo tipo de brasas como churrasco, que serve para toda aquela xente que non lle gusta ou prefire outro tipo de comida antes que o polbo. E por último, sempre a nosa banda de gaitas fai unha pequena actuación para facer o evento máis ameno e entretido.