Durante todo o ano, a asociación cultural galega Rosalía de Castro de Cornellà organiza varias actividades para o goce dos seus socios. Algunhas destas actividades poderían ser o magosto, o entroido ou o certame de poesía.
Magosto:
No magosto, todos os socios reúnense para comer castañas e pasar un tempo xuntos. Algúns dos socios dedícanse previamente a asar as castañas para o disfrute de todos.
Entroido:
Todos os anos os socios xúntanse para comer como celebración do entroido, pero ademais da comida, a nosa banda de gaitas e algúns socios disfrázanse e fan a ruada todos os anos.
Certamen da Poesía:
Durante moitos anos fixéronse conferencias coñecidas como o Certame de Poesía dentro da asociación, onde se celebra unha charla na que un ou máis autores presentan libros novos ou non tan novos para que todos os socios poidan gozalos.