Socios

Os socios son unha parte fundamental para a asociación e se non fose por todos eles non sería posible que a asociación seguise en pé. Actualmente na asociación hai 460 socios que apoian a causa. Se vos interesa formar parte dos socios, contactade por correo electrónico coa asociación e alí vos informarán. Ademais de apoiar á asociación, os socios teñen unha gran variedade de actividades exclusivas das que poden gozar polo simple feito de ser socios, como por exemplo excursións, clases de informática...

 

Excursións

Cando a asociación organiza unha excursión, todos os socios teñen o dereito de poder apuntarse e gozar da mesma. Exemplos de excursións realizadas son as covas de sal ou Andorra.

 

 

Clases 

Na asociación impártense varias clases:

  • Clases de baile de salón para a xente maior.
  • Clases de pintura.
  • Clases de manualidades.
  • Ensaio de teatro do Grupo “Anduriña” da Entidade.

Conferencias

Durante algúns momentos do ano a asociación organiza unhas conferencias que poden gozar os socios de maneira gratuíta, tales como O certame de poesía o Día da Muller.

 

 

Actividades

Durante o ano, a asociación xunta a todos os seus socios para facer actividades como, por exemplo, o magosto, a pulpada, o Entroido, capeonatos de Tute o Domino.